ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Protexer do frío e da chuvia aos cans non é un capricho. “Aínda hai moita xente que pensa que poñerlles abrigos ou impermeables é disfrazalos, pero hai algúns que o precisan”, explica en Radio Animal a veterinaria etóloga Noemí Graña.

Para un can maior con problemas nas costas Noemí recomenda o abrigo, para os que teñen pelo longo o impermeable. Iso si, advirte de que sempre “hai que facer unha habituación antes, presentarllo con premios, darllos a ulir…é un proceso lento, pode levar días ou semanas”. Nesta edición do espazo Radio Animal tamén abordamos outros temas como os casos de demencia en gatos ou a comunicación con cans.
Publica o teu comentario agora