ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Coas festas rompemos as rutinas e moitas persoas teñen a tentación de aprazar as sesións de exercicio físico. “Non é aconsellable”, avisa o psicólogo e preparador físico José Barcia Tuccelli.

“A primeira recomendación é intentar adaptarnos”, apunta Barcia Tuccelli, contrario a “deixalo para xaneiro”. Se non temos moito tempo procuremos que sexa produtivo e coa intensidade adaptada ás nosas posibilidades”, sinala. E pon varios exemplos “que importante é subir e baixar escaleiras ou ir á tenda camiñando e volver cargando as bolsas da compra”. Tamén explicou en que consiste a prescrición verde. “Exercicio físico realizado en entornos naturais”, unha recomendación de profesionais sanitarios para mellorar a nosa saúde mental.
Publica o teu comentario agora