Non aprende

Non aprende
21 de Novembro, 2025 - 10:15 h. | Publicada por Radio Fene

Oito veces denunciado pola Garda Civil en Fene un condutor multi-reincidente que circulaba ao volante do seu coche malia ter retirado o permiso. 

A Garda Civil puxo ao dispor do xulgado a un condutor multi-reicidente ao que sorprendeu Tráfico en Fene por oitava vez conducindo malia ter retirado o carné. Circulaba nun turismo pola Vía de Alta Capacidade de Ares-Mugardos sen permiso de conducir por perda de vixencia. Nesta ocasión sorprendérono, o día 17 de novembro, ao comezo da estrada VG-1.2. O home, de 44 anos de idade, non recuperara o permiso tras a resolución emitida pola Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña. A Garda Civil lembra que o feito de exercer a condución nesta situación supón a comisión dun delito contra a seguridade viaria. O máis alarmante do caso é que este condutor foi investigado por este delito por oitava vez.

As dilixencias correspondentes xa foron tramitadas e remitidas ao Xulgado de Instrución de Ferrol. Ademais do delito penal, formulouse unha denuncia administrativa contra o condutor por circular coa Inspección Técnica de Vehículos (ITV) en situación irregular.



 

Sociedade

Publica o teu comentario agora