Non baixará os brazos

Non baixará os brazos
10 de Xaneiro, 2026 - 12:14 h. | Publicada por Radio Fene

Co Sofán podemos competir perfectamente, o Maniños non baixará os brazos, afirma o adestrador do equipo branco Adrián Martínez. O Cultural Maniños reanuda a liga da Preferente Futgal mañá domingo en Carballo.. O Sofán ven de perder 4-0 co Pobra do Caramiñal. Ocupa a sexta posición da táboa con 25 puntos. Sofán - Maniños. As catro e media da tarde no campo de Sofán

Fotografía Xan Xe

55 anos 

Esta semana cumpríronse 55 anos dunha vitoria épica do Cultural Maniños. O 6 de xaneiro de 1971, o equipo branco alcanzou o maior éxito da súa historia ao gañarlle ao Sporting Celanova no Estadio Anxo Carro de Lugo e facerse co campionato galego de fútbol afeccionado. O torneo organizado pola Federación Galega de Fútbol organizábase polo sistema eliminatorio. O Cultural botara fora da competición ao Numancia de Ares, CCRD Perlío, Inferniño, Cambre e Paiosaco. A final era a doble volta. O partido de ida xogado en terras ourensáns finalizou con empate a dous goles. Na volta xogado no campo do Pote, de novo empate sen goles. Lembrase aquel encontro como a mellor entrada de público rexistrada no terreo do Maniños. O terceiro partido xogouse en Lugo o seis de xaneiro de 1971. Venceu o Maniños por dous a cero con goles de Felo e Alvarez. Alineou o Maniños a Raúl; Miro, Alvarez, Abeal: Alberto, Pedro, Quique Ardá, Felo, José María, Puskas e Balilla.

A obtención do título galego permitiulle ao Maniños xogar o Campionato de España de fútbol afeccionado. 

Imaxe do partido Maniños - Burela. Novembro 2025.

Fotografía Xan Xe

 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora