Non eran nenas orfas

Non eran nenas orfas
11 de Marzo, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Unha mañá de néboa dun outono de hai moitos anos, Harmonía e Rosa saíron do orfanato de Nosa Señora do Cristal para coller un barco que había de levalas a Rusia.

ESCOITA O PODCAST:

Neste capítulo de “de puño e letra” a escritora Marina Mayoral preséntanos “Tristes Armas”.

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/110325LETRA.mp3

Non eran unhas nenas orfas, estaban alí por circunstancias da guerra civil e tamén polo mal entendemento entre as familias. O seu pai estaba na fronte, loitando como soldado co exército da República, e a nai traballaba de enfermeira nun hospital de campaña. Así comeza Tristes armas,de Marina Mayoral, unha novela escrita orixinariamente en galego, publicada por primeira vez hai 30 anos e traducida ao castelán, portugués, polaco e inglés. Marina Mayoral foi catedrática de literatura na Universidade Complutense de Madrid. É novelista, articulista e investigadora e académica de honra da Real Academia Galega desde 2017. Tristes Armas é unha obra dirixida ao público xuvenil, e é a historia dunha carta, dunha carta e de dúas nenas, Rosa e Harmonía, exiliadas en Rusia durante a guerra civil española. Tristes armas é unha obra con certa carga docente. Lóxico, se temos en conta o público ao que vai dirixido. Pero sobre todo é unha obra que pon de manifesto o máis triste da guerra, sen entrar en bos ou malos, senón desde a mirada inocente dos nenos e nenas que tamén a sofren, alleos á política e aos bandos, pero todos orfos dunha familia que os acompañen no seu camiño cara á vida adulta. Nenos e nenas vítimas, á fin e ao cabo, do que outros non son capaces de solucionar co diálogo, que se ve substituido polas armas, polas tristes armas.

 

"De puño y letra" é un programa sobre literatura producido por RTV Cardedeu e que tamén se emite nas Emisoras Municipais Galegas

Cultura

Publica o teu comentario agora