ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Para que ...? Paraíso" titúlase a obra co que arrinca este domingo a segunda parte de Domingos a escena 2009-2010. Nesta segunda quenda a maioría de grupos de teatro serán de Ferrol e comarca. Este é ocaso da compañía de teatro afeizoado de Narón “O quetiqueiras” que representan esta peza baseada nunha obra de Jaime Salom.
Dirixida por Luis G. Ramos, a comedia "Para que ...? Paraíso" está interpretada por Iria Ameneiros, Raúl Filgueira,Patricia Doce e Lucía de Querol.
Na obra, algunhas lendas hebreas, din que houbo outra muller na vida de Adán antes de que Eva aparecese. O seu nome era Lilith. Suponse que Lilith fora a primeira muller de Adan, creada da terra coma él, de forma conxunta. Ela permaneceu o seu carón tan só un curto tempo e logo abandonouno por insistir en gozar de completa igualdade co seu home. Un posta en escea en clave de humor que non deixará indeferente ao espectador.
A cita con "Para que ...? Paraíso" con Otiqueiras Teatro no Centro Cívico de Caranza, este domingo, 10 de xaneiro ás sete da tarde. A entrada é de balde.