ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Non lle saíu nada ao Cultural Maniños feminino na última xornada fronte a As Pontes. O domingo en Caranza queren resarcirse.

Cultural Maniños 1- As Pontes 4. Recoñece o técnico David Montero que As Pontes lles deu “medio repaso” tanto fisicamente como na intensidade que lle puxeron ao xogo. E iso que ao principio mandaba o Maniños. Tamén é verdade que os técnicos empezaron a probar cousas novas unha vez que están clasificadas, por iso o risco é maior. O primeiro gol que recibiron foi un golazo pero o segundo, pensa Montero que foi fora de xogo. O pior non foi deixar escapar ao Garanza senón a lesión outra vez de Ángela.
O domingo 24 será outro dia e, como o rival será precisamente o Galicia de Caranza, teñen a oportunidade de achegárselle de novo. Con toda probabilidade o Caranza- Maniños se xogue o domingo ás 12 da mañá, en campo das ferrolás.
Publica o teu comentario agora