Non foi sen tempo

Non foi sen tempo
03 de Xullo, 2024 - 05:39 h. | Publicada por Radio Fene

Sentimento agridoce na comunidade educativa dos Casais de Maniños. A Xunta admite novas solicitudes de admisión, pero non desdobra aulas. Falamos con Olalla Barro, da ANPA Río de Va 

ESCOITA O PODCAST:

Tres días despois de acabar o prazo de matrícula, a Inspección Educativa contestou, por fin, favorablemente ás peticións de matriculación de novo alumnado no CEIP Os Casais de Maniños. Deixan matricular o alumnado, pero non van desdobrar aulas. Desde a ANPA interpretan a demora na resposta como parte dunha estratexia da Consellería de Educación para desmotivar á familias, de feito cren que 9 delas desistirán da praza que solicitaron pola incerteza e o temor a quedar sen a praza desexada para os seus fillos e fillas.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora