Non foi un partido fácil

Non foi un partido fácil
09 de Abril, 2024 - 04:43 h. | Publicada por Radio Fene

Non logrou puntuar o Perlío feminino en Montrove contra o Unión Campestre.  4-3 no marcador a remate dun encontro disputado, que non foi doado para o Perlío. Acaba de deixar o posto a delegada do equipo Conchi López e as xogadoras bótana de menos. Analizamos a xornada da Terceira Galicia coas xogadoras Sabela López Romero e Sara Rodríguez Seoane.

ESCOITA O PODCAST:

“Non foi un partido fácil para nós”, recoñece Sabela,”igual porque, outra vez, non saímos coa intensidade que tiñamos que saír, o cansazo físico e mental nótanse despois dunha semana dura para o equipo”. “Gústame que temos un bo equipo”, apunta Sara. As xogadoras tiveron unha agarimosa lembranza para Conchi López “Un apoio moi grande para todas as xogadoras e para o conxunto do equipo, botámola moito de menos e mandámoslle un bico moi grande”, di Sabela. “A representación do Perlío feminino era ela”, engade Sara. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora