Non habería guerra,...

Non habería guerra,...
31 de Decembro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Non habería guerra se todos viramos no rostro dos habitantes dun espazo xeográfico, seres humanos, homes, mulleres e nenos que son os nosos semellantes con esperanza de vivir. 

Fotografia Xan Xe

Soamente se no canto de ver semellantes, lemos medo, perigo, odio, seremos capaces de bombardealos e humillalos. Toda guerra, calquera acción política, toda acción sobre outro consiste esencialmente en cambiar o significado do que os demais len. Se analizamos, lemos, as noticias de actualidade, deseguida sentimos a necesidade de recompoñer o mundo: de relelo, de reescribilo, de acabar coa inxustiza, coa fealdade que o converte en ilexible. Afírmao así o escritor e académico Xosé Luís Axeitos nun artigo publicado no xornal La Opinión.

 

Na imaxe, Xosé Luís Axeitos en Radio Fene

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora