ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel vermello- a suspensión de toda actividade docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares para mañá, día 4 de febreiro, nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da Mariña lucense.
Así mesmo, acordouse a non suspensión da actividade docente pero si a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos situados nos concellos das provincias da Coruña e Pontevedra, así como nas zonas de montaña de Lugo e Ourense, por mor do nivel de alerta laranxa, advertindo do necesario seguemento ao longo do día das condicións climáticas por se nas localidades onde se sitúe cada centro cambiase o nivel de alerta cara a vermello, no caso do que se lles autorizaría a suspender a actividade docente.
Para o día de hoxe, 3 de febreiro, acordouse a non suspensión da actividade docente nin do transporte escolar, aínda que si se recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas zonas de montaña de Lugo e de Ourense e no sur de Ourense e interior de Pontevedra, polo adverso de nevaradas de nivel amarelo.