Non hai límites

Non hai límites
24 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“O bonito da vida está en saber que non hai límites, que somos seres en creación continua e en continua transformación”. Sheila Patricia fala da vida e da súa música con Susana Falcón no programa Sons de Nós. Escoita aquí a entrevista completa.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Non debemos limitarnos. Facer música para o mundo é ampliar horizontes”, afirma en Radiofusión a artista nada en Redondela. Logo de moitas viaxes por todo o mundo, Sheila Patricia regresa a súa terra dende onde ven de publicar o seu novo disco titulado ‘Orixe’. “Orixe ten que ver coas miñas orixes máis puras. Trata a miña volta despois de andar polo mundo. Ese voltar e decidir definitivamente instalarme aquí. Eu quero estar na miña terra, aposto pola miña terra e fago música e industria dende a miña terra”.

Na imaxe, Sheila Patricia.

Fotografía: @ithor_rs @sheilapatriciamusica

Cultura

Publica o teu comentario agora