ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (Ourense) chega este ano á súa XII edición. Trátase dun evento orixinal e singular, o único das súas características en todo o Estado.
Está situado nun espazo prilexiado ao carón do río Arnoia. Ao longo de 30.000 metros cadrados amósanse doce parcelas con deseños chegados de todo o mundo, nesta edición baixo o lema “Xardíns Terapéuticos, deseños que curan”. Paisaxistas galegos como Legado ou A árbore da vida, así como xardíns de Madrid, Austria, Montenegro, Italia, Colombia ou EE.UU falan a través da natureza neste percorrido refrescado pola auga. Un total de dez xardíns agardan polo voto do público mentres que tamén se expón o gañador da edición anterior e o tradicional xardín educativo feito polos escolares do CEIP Padre Feijóo e o IES de Allariz. A rapazada quixo destacar a importancia de xogar ao aire libre cun xardín que leva por nome “O xogo cura. Máis parque e menos pantallas”. Estes xardíns, que reciben 40.000 visitas anuais, estarán abertos ao público ata o 30 de outubro.
Publica o teu comentario agora