ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non hai silveira que as atranque. As mulleres de Maniños non hai silveira que as atranque. Igual que as de Regüela en Cabanas ou Merille en Ourol. Son lugares onde prendeu a semente da dignidade e da rebeldía. Vese claro na historia de Sagrario Ribela, que nos conta a película “Prefiro condenarme”.
A historia desta mariscadora na ditadura é moi potente. Pero Eva Veiga como guionista e Margarita Ledo como directora saben transcender o local para convertelo en universal. Igual que misturan con coidado artesán as escenas de ficción e as documentais. Aclarou a directora que as escenas son lentas para propiciar a reflexión sobre a violencia e sobre a igualdade. Pero o argumento, o relato engancharon ao público que encheu na tarde do venres as dúas salas dos Dúplex cinema en Esteiro en Ferrol. Como di a canción popular: “Polo barrio de Esteiro, víronte pasar, era o Portuarios viña de ganar, viña de ganar, viña de ganar, polo barrio de Esteiro víronte pasar”.
Henrique Sanfiz
Publica o teu comentario agora