Non hai silveira que o atranque

Non hai silveira que o atranque
18 de Outubro, 2021 - 10:40 h. | Publicada por Radio Fene

Non hai silveira que atranque ao xabarín que o venres á noite volveu entrar no campo do Ramo de Barallobre, realizando destrozos nun recuncho do terreo de xogo. O partido da xornada da Segunda Galicia de fútbol xogouse no campo municipal dos Pinares de Perlío o sábado á tarde. A Sociedade Deportiva Barallobre pediulle disculpas ao Neda, porque os xogadores visitantes tiveron que marchar para casa sen ducha, por unha averia nos vestiarios.

 

ESCOITA O PODCAST:
Barallobre - Neda. 16 de outubro de 2021.

Barallobre 0 – 3 Rápido de Neda. O Neda amosou unha mellor forma física, fronte a un equipo que acusou baixas como as de Pereiro e Caruncho.

Fotografía: Jorge Ares (www.futbolferrol.es)

 

Deportes

Publica o teu comentario agora