Non hai vida sen auga

Non hai vida sen auga
22 de Xullo, 2026 - 12:40 h. | Publicada por Radio Fene

A prolongación de tempo seco en Galicia fai temer a seca. Xa hai concellos galegos en prealerta. Nalgúns municipios da provincia, como Aranga, Curtis e Irixoa preocupa o baixo caudal dos ríos. O Concello de Curtis, por exemplo, prohibiu regar hortas e xardíns, encher piscinas e lavar coches. Non hai tanta preocupación de momento en Fene, pero o Concello quere prever e a concelleira de Medio Ambiente, Cristina Garcia Moroño, anima a non derrochar auga. 

ESCOITA O PODCAST:

Chamamento da concelleira de Medio Ambiente de Fene, Cristina Garcia Moroño, a facer un consumo responsable da auga. Coas altas temperaturas das últimas semanas é máis necesario non derrochar auga. Lembrou que a auga é un recurso fundamental para a vida e hai que evitar derrochalo con xestos como manter aberta a billa coa auga correndo mentres cepillamos os dentes ou fregamos a louza. Facer un uso responsable da auga permite tanto garantir a súa dispoñibilidade futura como contribuír ao coidado do medio ambiente, destacou a concelleira que mencionou algúns pequenos xestos aos que debemos afacernos na nosa vida cotiá. Na páxina web do Concello de Fene poden consultarse consellos para un uso responsable da auga desta campaña na que colaboran a institución municipal e a empresa Veolia que xestiona o servizo de auga en Fene. 

Institucional

Publica o teu comentario agora