ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Entrou o Outono con preocupación pola falta de auga. En Galicia hai 75 concellos con alerta de seca. Embalses como o das Forcadas que abastece de auga potable a Ferrolterra están cada día máis baleiros. Falamos dese e doutros temas coa concelleira de Medio Ambiente de Fene, Cristina García Moroño.

Pechar a billa mentres se fregan os cacharros e non ter correndo continuamente a auga. Ducharse no canto de bañarse. Encher completamente lavalouzas e lavadoras son algunhas das recomendacións á veciñanza nas que insiste a concelleira de Medio Ambiente de Fene. O Concello de Fene ten adoptado xa medidas para minimizar os gastos non esenciais de auga e fai un chamamento ao consumo responsable da auga, un tema sobre o que xa lanzara as primeiras advertencias no mes de xullo Cristina García Moroño. A seca vai a máis e iso que xa entramos no Outono.
Podas, ríos e residuos
A Concellería de Medio Ambiente traballa tamén noutros frontes. Acabada a tempada de praias, realízanse labores de poda nas árbores urbanas, comezaron tamén os traballos de limpeza dos ríos e está en marcha unha campaña para diminuír a xeración de residuos a través da compostaxe. Para fomentar o aproveitamento dos restos orgánicos o Concello ten en marcha un reparto de composteiros á veciñanza, primeira fase dun programa que conta con financiamento de fondos da Unión Europea, segundo explicou Cristina García Moroño.
Publica o teu comentario agora