ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Apoio do Concello de Fene ás reivindicacións da ANPA do IES de Fene que reclama á Xunta a rehabilitación do deteriorado centro educativo. A alcaldesa, Sandra Permui, e o deputado do BNG Manuel Golpe reiteraron o seu apoio á comunidade educativa logo dunha xuntanza no que trataron do tema.

I“O ensino é o futuro e o alumnado estuda alí nunhas condicións pésimas e lamentables”, destacou a alcaldesa. Sandra Permui urxiu á Xunta a acometer dunha vez o arranxo do IES de Fene, unha demanda da comunidade educativa e do Concello de Fene que vén de vello, como lembrou a alcaldesa.“Fixemos varias visitas ao centro e xa non é que non se cumpran as condicións, ata é perigoso para a saúde”, denunciou a rexedora que anima á veciñanza a dar o seu apoio á campaña da ANPA que ten en marcha unha recollida de sinaturas. “Eu xa asinei, como alcaldesa e como veciña, por desgraza levamos moitos anos avisando do mal que está o edificio C”.
Manuel Golpe comprometeuse coa rexedora a seguir presionando á Xunta co tema no Parlamento galego. Lembrou que “en febreiro, cando levou as demandas Mon Fernández á Comisión de Educación, o PP votou en contra, dicían que había comprometidos cartos para a rehabilitación pero aínda non se moveu nada, nin un folio non xa un euro”.
Publica o teu comentario agora