ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Acabou o ano para o Perlío feminino con outra vitoria. Desta vez contra o Atlético San Pedro B. 4-1 nos Pinares. “O equipo respondeu”, di a delegada do equipo, Conchi López.

“Foi un partido de transición logo de dúas xornadas con partidos moi difíciles”, explica Conchi López ao comentar a nova vitoria do Perlío, que terá agora un parón na competición. Goles de Sofía, que estreou o marcador e Uxía, que marcou tres e vai moi ben posicionada no ranking de goleadoras. O próximo partido de Liga que disputará o Perlío será o 11 de xaneiro, contra o Val B. Antes, pero tamén en xaneiro, xogará a eliminatoria da Copa. “Temos que seguir adestrando para non perder a forma”, destaca Conchi. Sobre a pelexa polo liderado do grupo ten claro que “todo o mundo depende de si”.
Publica o teu comentario agora