ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Barallobre pechará a competición da Segunda Futgal visitando ao Valdoviño, equipo que xa está descendido. O míster Borja Mesa ten claro que a motivación non debe decaer: "Representamos a un club e non podemos ir pasear polos campos. Temos que afrontar o partido coa máxima ilusión e respectando ao rival".

O Barallobre sumou tres novos puntos tras impoñerse por 3-1 ao CD Narón nun encontro de Segunda Futgal marcado polo bo ritmo e o dominio local. Malia que ningún dos dous equipos se xogaba xa obxectivos clasificatorios, os de Fene amosaron a súa mellor versión para darlle a volta a un marcador que se puxera costa arriba no inicio do segundo tempo.
Dominio sen premio na primeira metade
O técnico do Barallobre, Borja Mesa, destacou a seriedade dos seus xogadores dende o pitido inicial: "Levamos o peso do partido coa posesión e tivemos tres ocasións moi claras para marcar". Porén, a falta de acerto fixo que se chegase ao descanso co empate a cero inicial.
Tras o paso por vestiarios, o Narón sorprendeu nunha xogada desafortunada por banda que supuxo o 0-1. Lonxe de baixar os brazos, o Barallobre recuperou o control do balón e intensificou o seu ataque.
Ponce e Chamo sentencian a remontada
A figura de Alejandro Ponce resultou determinante para a vitoria local. O dianteiro asinou un dobrete: primeiro cazando un rexeite tras un pau propio nunha xogada en velocidade, e pouco despois finalizando un centro lateral para poñer o 2-1. A sentenza definitiva chegou das botas de Luis Miguel Olivo "Chamo", que executou unha falta directa dende o bordo da área que entrou pola escuadra. "Foi un auténtico golazo, xustos vencedores", afirmou Mesa.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora