Non puido ser

Non puido ser
22 de Marzo, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Un partido “un pouco tolo, pero bonito e moi intenso polas dúas partes”. Maniños 1-3 Eirís. “Como das vitorias, sempre aprendes”, declarou a Radio Fene o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez, Cebolo

ESCOITA O PODCAST:

“Moita intensidade e moita tensión, xogábamos meternos arriba ou seguir onde estamos”, analiza o técnico. Foi un partido moi disputado, no que houbo un feixe de tarxetas “o meu equipo e o delas empregase a fondo, intentamos dar moita intensidade e non damos ningún balón por perdido”. “Nada que obxectar á vitoria do Eirís, non me gusta poñer escusas”. O Eirís adiantouse no marcador e o Maniños non puido marcar ata a segunda parte. Considera o técnico que o Eirís “adiantouse con un gol en fóra de xogo” e recoñece que “conta con unha das mellores xogadoras da categoría, Carol, moi determinante para o seu equipo”. 

Deportes

Publica o teu comentario agora