Non quería o papeliño

Non quería o papeliño
15 de Xuño, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Oleiros

“Non quería o papeliño. Ofrecéranmo, ate me ofreceran ser socia da Comedie Française se me facía cidadá e eu dixen non, grazas. Eu era unha exiliada e sería seguir séndoo, pola memoria dos meus” afirma María Casares no podcast “Eu son do océano”.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

María Casares doou a Francia a súa casa de La Vergne en agradecemento por tela acollida no exilio. Alí funciona a Maison María Casarés, co-dirixida por Johanna Silberstein. Traballan na difusión do legado da actriz que desperta crecente interese a raíz da publicación da súa correspondencia con Albert Camus. Recompilou e publicou as cartas Catherine Camus, filla do autor de As ratas, quen mantivo unha relación de quince anos con María Casares. A actriz viviu ata os oito anos na vivenda abicada no número 12 da rúa Panadeiras da Coruña. 
 

Cultura

Publica o teu comentario agora