Non quero facer pedagoxía

Non quero facer pedagoxía
23 de Setembro, 2021 - 11:29 h. | Publicada por Radio Fene

Mestura libremente a narrativa co teatro.  A novela de Antonio M.Fraga “Santoamaro” narra en 12 pílulas as alianzas e traccións nun grupo de 12 rapaces e rapazas. Obtivo o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020.  "Un dia asistiu a unha representación teatral na praia do Santo Amaro e lle pareceu un escenario magnífico para localizar a obra" afirma o escritor Antonio M.Fraga. 

ESCOITA O PODCAST:
Antonio M.Fraga, autor de Santoamaro

Todo comeza cunha cuadrilla moi unida formada por rapaces e rapazas que se coñecen desde a escola infantil. Parecía indestrutíbel pero un feito terrible provoca que escache en mil pedazos. Nada vai ser igual. Fraga síntese máis cómodo coa literatura fantástica: "Estás afeito a navegar dentro da ría e imos saír a mar aberto". Sentiuse así o literato ao elaborar un relato tan contemporáneo como Santoamaro. 
"O meu obxectivo non é facer ningún tipo de pedagoxía, senón reflectir unha realidade, aínda que asumo a responsabilidade como autor, do que estou subliñando e enfocando" indica o autor de Pontedeume. Pretende que o lectorado se achegue á obra, e que os adolescentes cultiven o seu pensamento crítico. Quere crear obras literarias con calidade. Non escribe para premios. Sempre escribiu o que lle apeteceu naquel momento.  "Vexo situacións que eles viven con total normalidade,e sería imposible que na miña xuventude o fixeramos así". Antonio M.Fraga é optimista e publicará en outubro “Papá Caníbal” unha novela infantil con Edicións Xerais. Volve aos territorios de Sesgaña (Pontedeume) e Tordollobre (Cabanas) cunha obra disparatada e de humor macabro. 

 

Fotografía: Xan Xe Corral
 

Cultura

Publica o teu comentario agora