ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Non quixen frivolizar arredor da saúde mental, pero si propiciar a reflexión sobre unha certa deshumanización do sistema sanitario” indica a escritora Ana Varela que ven de publicar a súa novela “Runrún” na Editorial Galaxia. As casas rosas de Caranza inundan a portada dun libro no que se fala da avenida das Pías, dos sucesos do 72 e dos estaleiros. A acción parece desenvolverse no servizo de urxencias e nunha das plantas do Arquitecto Marcide. “É un xeito de universalizar o local” xustifica a autora.
“Runrún” inclúe xiros argumentais que sorprenden á persoa lectora. Tamén aparece o relato dunha infidelidade, unha relación fora do matrimonio, incluso cunha escena “subida de ton”. “Hai un nesgo de xénero que aparece en ocasións no tratamento médico, porque ás mulleres se nos despacha indicándonos que temos que levar unha vida tranquila, pero non nos explican como se logra iso”. Fálase tamén da dependencia emocional, dos episodios psicóticos e da contención física na psiquiatría. Varela conclúe: “Eu non quería un final feliz, nin unha unidade didáctica, senón deixar portas abertas para propiciar a reflexión”.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora