Non só doen os golpes

Non só doen os golpes

28 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O IES de Fene acolle mañá xoves dia 29, a primeira hora, ás 8:25h no salón de actos un Obradoiro sobre violencia machista a cargo de Pamela Palenciano Jódar: "No Sólo Duelen los Golpes". A actividade organizada polo IES Fene, coa colaboración do Cocello, dirixese ao alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos. O obradoiro para adolescentes narra a experiencia personal de Pamela Palenciano como vítima de violencia cando era adolescente e

Pamela Palenciano é natural de Jaén e leva anos vivindo en El Salvador. Dende fai anos desenvolve unha grande labor en España co seu obradoiro "No solo duelen los golpes". Creado por ela misma, narra a súa experiencia personal como vítima de violencia cando era adolescente e fainos reflexionar sobre a violencia e as súas formas en apariencia más sutiles, e na súa evolución cara a dominación física e mental.

A través deste obradoiro Pamela, supervivinte da violencia de xénero, desenvolve unha campaña encamiñada a crear conciencia sobre as relacións de dominación que se dan a través das relacións sentimentais. No seu obradoiro, Pamela amosaranos outra perspectiva de análise sobre o que denominamos “amor” e sobre o tipo de relación que se construíu socialmente, pero sobre todo abriranos o camiño para aprender a identificar estas situacións tanto si eres a vítima como o brazo executor, posto que este será o primeiro paso de cara a buscar solucións e modificar as nosas propias condutas.

Sociedade