Non só viaxan os maiores en Soutomaior

Non só viaxan os maiores en Soutomaior

22 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

As viaxes do INSERSO configuran unha nova tipoloxia do turismo invernal e de grupo. Agora xurden tamén outras iniciativas dirixidas a outros grupos de idade. En Soutomaior programan viaxes para rapaces de 12 a 17 anos e tamén para maiores de 18. Son excursións de fin de semana. 

A Omix de Soutomaior abre o prazo para participar nas viaxes organizadas para a mocidade do municipio. A oficina municipal de información xuvenil ten aberto xa o prazo de inscrición para participar nas viaxes con destino ás Medulas e a Quiroga. A primeira das fins de semana de turismo rural en León dirixida a mozos e mozas maiores de 18 anos será a Trabadelo, preto da Médulas. As actividades que desenvolverán os participantes serán sendeirismo, visitas a pobos rehabilitados, pallozas, etc. O prezo da fin de semana é de 20 euros para empadroados/as e realizarase a fin de semana do 16 e 17 de maio.

 

A segunda viaxe será unha fin de semana en Quiroga, neste caso dirixida a mozos de idades comprendidas entres os 12 e os 17 anos. As actividades previstas son rutas en canoa, rapel e espeleoloxía. Esta viaxe farase o 20 e 21 de xuño e o prezo é de 15 euros para empadroados/as. As persoas interesadas poderán inscribirse na OMIX, no Multiusos en Arcade. Tel. 986700822 e as prazas son limitadas.

Sociedade