Non sabe o raposo,...

Non sabe o raposo,...
04 de Marzo, 2024 - 09:57 h. | Publicada por Radio Fene

Barallobre 3- 1 Narón O Freixo. Non sabe o raposo das galiñas que dormen fora. Hai moitos imprevistos, cousas que fican fora do noso control. Iso pasoulle á Sociedade Deportiva Barallobre. Gañou no Ramo pero tamén o fixo o Eume B e os “verdes” quedan fora da fase de ascenso á Primeira Galicia de fútbol, a pesar de quedar empatado co terceiro, o Cebarca, que superou aos de Fene polo "gol average". "Temos que seguir competindo e agora o reto é quedar entre os tres primeiros" advirte o adestrador Borja Mesa.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador da S.D.Barallobre Borja Mesa:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/040324MESA.mp3

Fotografia Xan Xe

Na segunda fase da Segunda Galicia de fútbol, o Barallobre enfrontarase ao Capela, o Mandiá, Maniños B, Monfero e Neda. Os tres equipos que resulten peor clasificados pasarán á Terceira Galicia.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora