ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Troncho non sabe quedar só, é moi impulsivo e ten pouca tolerancia á frustración. Troncho ten catro anos e medio. “Un boxer moi bonito”, segundo a súa titora, María Anidos que lle pediu consello á veterinaria etóloga Noemí Graña no espazo Radio Animal de Radio Fene.
“A ansiedade por separación é un dos problemas que máis altera a calidade de vida dos cans”, explicou Noemí Graña. Convén non deixar so ao can, para que non acumule novas experiencias traumáticas. Hai tratamentos farmacolóxicos que regulan os niveis de serotonina. Noemí tamén recomenda facer exercicios pouco a pouco para afacelos á ausencia dos titores. Ademais, a colaboradora de Radio Fene falou de como axudar ás mascotas que non lles gusta viaxar en coche.
Publica o teu comentario agora