ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Debatemos con moito gusto sobre o pasado porque non sabemos como será o futuro. Non somos quen de imaxinalo, nin de pensalo e ese é un dos dramas da sociedade actual” indica o historiador Ramón Villares, autor do libro “Galicia, una nación entre dos mundos”. O historiador apunta tamén: “Os pobos non poden vivir do pasado, teñen que vivir do futuro e para iso hai que ter un proxecto”.
Afirma Villares no prefacio do libro: “A historia de Galicia e dos galegos é, así, algo máis que un episodio local propio dun pequeno territorio de Fisterra. Trátase dunha aventura mundial de xente humilde pero esforzada que fixo realidade o verso de Rosalía de Castro: toda a terra é dos homes, isto é, que non hai nada neste planeta que sexa alleo para unha persoa de orixe e cultura galegos”.
Galicia, una nación entre dos mundos. O libro, editado por Pasado y Presente (Barcelona, 2019), pretende ser unha síntese do proceso histórico de creación da identidade de Galicia como cultura-nación; das súas esencias e conflitos, e das conexións que a vincularon a outros territorios, sobre todo a América Latina. Conversaron en torno ao libro no clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, Divina Arnoso, Miguel Rodríguez, Henrique Sanfiz e Ramón Villares.
Publica o teu comentario agora