Non se confían

Non se confían
15 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Na Segunda Galicia feminina, as mozas do Perlío xogan en Ferrol contra o Galicia de Caranza, o domingo, ás once da mañá. O adestrador, Carlos Carballo, Vinky, prevé un partido complicado. Ás xogadoras do Maniños viaxan a Oleiros. Enfrontaranse ao Club Deportivo Obreiro o domingo, ás seis da tarde. Polo momento, o equipo de Oleiros está no fondo da táboa, pero o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez “Cebolo”, non se confía.

Fotografía Xan Xe

O Maniños é un dos cinco equipos que gañou os dous partidos que van disputados na Liga. O Perlío empatou un encontro e perdeu o outro.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora