Non sei a onde vai o mercado da música, indica Daniel Bellón

Non sei a onde vai o mercado da música, indica Daniel Bellón
06 de Novembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

BellónMaceiras presenta “Unión das Terras. Décimo quinto aniversario”. Cúmprense quince anos do lanzamento dese disco de Daniel Bellón e Diego Maceiras. Queren conmemorar esa data cunha reedición novidosa en formato pen drive na que inclúen catro temas novos e unha peza inédita. 

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí a Daniel Bellón falando do futuro do mercado da música e de "Unión das Terras.15 aniversario".

http://173.255.131.18/audio/041122BELLON.mp3

Daniel Bellón en Radio Fene

Ademais dos trece cortes orixinais do álbum, introducen tres en directo, un deles en vídeo, así como unha pista inédita gravada en 2006. Un produto exclusivo que contará  con moi poucas unidades.Xa está dispoñible na súa web ou de xeito presencial na Escola de música Bellónmaceiras na avenida Antonia Montero de Perlío. 

Cultura

Publica o teu comentario agora