Non son espíritos

Non son espíritos
16 de Marzo, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Os cans e os gatos teñen os órganos dos sentidos máis desenrolados, escoitan e ven cousas que nós non percibimos”. Iso pode explicar comportamentos que nos poden parecer estraños, aclarou en Radio Fene a veterinaria etóloga Noemí Graña. 

ESCOITA O PODCAST:

Se un gato queda quieto e parece abstraído non ten por que ser debido a un problema de saúde. Pode estar vendo unha araña ou unha mosca ou escoitando calquera ruído que nos non oímos. e parecen abstraídos. “Que a xente non se preocupe, non ven espíritos”, como lle teñen dito máis dunha vez a Noemí Graña. A colaboradora de Radio Fene intervén este domingo no Noveno Congreso de Etoloxía Clínica que se celebra este fin de semana na Facultade de Veterinaria de Lugo centrado en temas de comportamento e problemas médicos dos animais. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora