ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Unha polémica decisión arbitral marcou o partido xogado esta fin de semana polo Maniños feminino na Coruña. Eirís 2-0 Maniños. Comentamos o partido co adestrador Xurxo Rodríguez.

Unha decisión arbitral moi protestada condicionou o marcador. “Houbo un instante no que pensei que ía rectificar, pero non nos concedeu o gol”, sinala o técnico do Maniños. A arbitra non non viu que o balón entrara dentro da portería nunha xogada protagonizada por Andrea que lanzou o balón desde fóra da área. As xogadoras do Eirís xa ían sacar ao centro do campo, pero o gol, que tería suposto o empate para o Maniños pouco antes de acabar o partido, non subiu ao marcador. Os dous tantos do Eirís foron marcados nos últimos minutos da primeira metade e xusto antes do remate do encontro.
Publica o teu comentario agora