Non te acompaña, fai que te perdas

Non te acompaña, fai que te perdas
21 de Xuño, 2022 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aquel home tiña unha luz que atopabas cando te perdías no monte. Entón alumaba os seus dentes. Dentes dun ser que existiu e que agora se ve reflectido en Dentes de Coello, o novo libro de Paula Carballeira.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

A escritora fenesa lévanos a viaxar por un bosque no que perviven as pantasmas. A orixe da historia está nun conto que lle contou un rapaz veciño da súa casa. Dentes de Coello acaba de recibir o IV Premio Laudamuco de Textos Teatrais. O próximo xoves contaremos no Club de lectura de Radiofusión coa presenza de Paula Carballeira para coñecer máis de preto a historia da desaparición de María, a protagonista desta obra.

Cultura

Publica o teu comentario agora