Non tocar

Non tocar
02 de Marzo, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Moitas veces os gatos queren contacto, pero non contacto físico, advertiu a veterinaria etóloga Noemí Graña esta semana no espazo Radio Animal.

ESCOITA O PODCAST:

“Achéganse ronroneando e xa está, non quere dicir que queiran contacto físico”. A colaboradora de Radio Fene experta en comportamento animal tamén aclarou que hai maneiras de evitar que os gatos rasquen os mobles da casa. Os gatos rascan por tres motivos importantes para eles, indicou “afiar as unllas, para marcar e para tonificar a musculatura”. Por iso quen teña gato debe ter rascadores adecuados para que rasque. Tamén é importante o lugar de colocación, para que o gato o use. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora