Non xustificamos a actitude do xogador

Non xustificamos a actitude do xogador
22 de Febreiro, 2022 - 10:16 h. | Publicada por Radio Fene

“O clube non xustifica a actitude do noso xogador” afirma o adestrador do Amistade de Meirás Marcos Casal. De todos os xeitos matiza que “o meu xogador despois de tranquilizarse vaille pedir desculpas ao rival e danse un abrazo”. “Son cousas que pasan  no fútbol, que non deberían de pasar pero todo queda dentro do terreo de xogo” conclúe o técnico. O adestrador tamén sinala que “nesta categoría algún partido necesita árbitros con autoridade e neste caso non a había”.

Fotografía Xan Xe

O colexiado decidiu suspender na mañá do domingo o partido da Segunda Galicia de fútbol entre o Cultural Maniños B e o Amistade de Meirás no minuto 87. Segundo a acta arbitral a decisión adoptouse “tras diversas agresións tanto físicas como verbais cara a miña persoa. Xa no vestiario xogadores do equipo visitante golpearon a porta. Co ambiente máis calmado, chegou a Policía local ao campo”. Nun anexo ao acta, o árbitro explica que os altercados comezaron tras a expulsión dun xogador do equipo visitante debido a unha agresión cara un rival co balón en xogo”. Nese momento o colexiado recibiu outro empuxón de outro xogador do Amistade de Meirás e golpes de persoas non identificadas, segundo salienta.
 

Deportes

Publica o teu comentario agora