Norah Jones encherá en Vigo

Norah Jones encherá en Vigo

06 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Poucas entradas quedan para o concerto que a cantante estadounidense Norah Jones ofrecerá en Vigo o vindeiro 14 de xullo. Trátase da única actuación prevista en Galicia pola autora de "Come away with me". A Jones leva 39 millóns de copias vendidas en todo o mundo e recibiu numerosos premios, entre eles varios Grammy.

A organizadora da actuación, que terá á cantante de jazz Sasha Dobson como teloneira, puxo á venta unhas 1.500 entradas, a un prezo de 12 euros anticipada e 15 euros en taquilla, a traverso de www.servinova.com e da Central de Espectáculos de Vigo. A cantante e pianista presentará na actuación en Galicia o seu cuarto disco "The fall".

 

 

Cultura