ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Coñecido polo seu conxunto artístico innovador e único, Norman Parkinson foi partícipe das transformacións que tiveron lugar na fotografía de moda do século XX. Desenvolveu o seu propio estilo distintivo ao longo dunha carreira de 56 anos, comezando a fotografar na década dos 30 e traballando sen pausa até o seu falecemento en 1990.
As súas imaxes capturan o estilo do século XX; desde a Gran Bretaña da década dos 30 e a austera moda da 2ª Guerra Mundial, o Novo Look parisiense dos anos 50 e o Swinging London dos 60, até o glamour e brillo dos anos 70 e 80.
Parkinson gañou o recoñecemento nos seus primeiros anos ao traballar cun estilo alternativo e pouco convencional, ao revolucionar a fotografía desprazando ás súas modelos femininas do medio estático, serio e controlado do estudo fotográfico a escenarios da vida real e lugares exóticos. Este estilo dinámico e espontáneo atraeu a atención de numerosas revistas de moda, entre as que se incluían Harper´s Bazaar, Vogue e Town & Country, o que supuxo o seu recoñecemento internacional.
A Fundación Barrié na Coruña acolle a exposición retrospectiva Norman Parkinson: sempre con estilo. A exposición ofrece unha xenerosa retrospectiva da influente carreira de Parkinson, mostrando 80 fotos que reflicten a transformación da moda feminina e que contribuíron a dar forma ao modo en que esta se comunicou ao público durante varias décadas. A inauguración terá lugar o xoves, 10 de outubro ás 20 horas cunha visita guiada a cargo de Terence Pepper, comisario da mostra. A inauguración é con entrada libre, aforamento limitado.
Publica o teu comentario agora