Normativa perigosa

Normativa perigosa
17 de Marzo, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“O realmente perigoso é non socializar estes animais”. En Radio Fene recollemos as críticas de Cristóbal López Bautista á Lei de Animais Potencialmente Perigosos. Falamos en Radio Fene con este activista e defensor dos dereitos dos cans, moi especialmente nos das razas sinaladas como potencialmente perigosas.

ESCOITA O PODCAST:

“Esta é unha normativa perigosa que coarta a natural socialización destes cans”, explica este policía local de Villaviciosa de Odón (Madrid) fundador das páxinas sociais e profesionais contra a chamada Lei "PPP": "Profesionales VS LEY PPP”. Voceiro da plataforma "Unidos en apoyo a las razas PPP”. Asesor externo da 'Dirección General de Derechos de los Animales’ para a derrogación dos aspectos legais que atinxen aos cans na Lei de Animais Potencialmente Perigosos. No Senado, igual que no Congreso en febreiro, non houbo derrogación da lei. Se non hai cambios no que resta de tramitación da nova Lei “verémonos dobremente afectados, coas restricións que impón a lei Lei PPP e ademais terán que pasar unhas valoracións como outros cans”, denuncia. “Estaríamos suxeitos a ambas normativas. Co negativo de que ter que facer unhas valoracións que non valerían para nada porque seguiríamos  suxeitos á Lei PPP, é dicir seguir coas boceiras e correas aínda que demostremos que son sociais”. “Basicamente para ter animais PPP tes que ter unha licenza, facer un psicotécnico bastante absurdo que pode pasar calquera, e a documentación no Concello que inclúe un seguro especial, o animal ten que saír á rúa sempre con boceira e correa curta, de non máis de 2 metros, en calquera espazo público”. “Seguimos coa loita e, se non hai cambios, seguramente faremos mobilizacións, non podemos seguir sendo discriminados”, anuncia.

Sociedade

Publica o teu comentario agora