Nos chamorros candelas, para a Virxen do Nordés

Nos chamorros candelas, para a Virxen do Nordés
10 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A romaría de Chamorro celébrase o luns de Pascua na ermida da Virxe do Nordés. A xornada pon o ramo á Semana Santa cun dia festivo na localidade de Ferrol.

Fotografía Xan Xe

Reproducimos de seguido un poema adicado á virxe do Nordés polo segrel do Penedo Xosemaría Pérez Parallé:

 

 

 

 

Mar da salgada armuñía,

Mar celta de Breogán;

Illa Eirín na lonxanía,

         Nas

         Ondas

         Brétema

         Virxen,

Verde saga de Amairxen;

O vento nas furmas cía

A lenda de San Brandán.

Ai, mar por Deus benzoada,

Mar dos anxos mareantes,

Por

Onde

Fixo

Bogada,

O Cristo dos Navegantes.

 

Mar milleirada de velas,

         Cucos

         Rosas,

         Caravés;

Gaivotas, peixes, cunchelas,

E nos chamorros candelas

Para a Virxen do Nordés.

 

Xosémaría Pérez Parallé. (Dorna romeira. Fene. 1985)

Fotografía: Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora