Nova caldeira e novos horarios

Nova caldeira e novos horarios
02 de Setembro, 2026 - 08:28 h. | Publicada por Radio Fene

A piscina municipal, climatizada e cuberta de Centieiras, en Perlío no Concello de Fene, volveu abrir as súas portas para o inicio da tempada deportiva. A concelleira de Deportes, Alba García, debullou os detalles do réxime de funcionamento e as novidades coas que conta o servizo nestas primeiras xornadas.Despois de poder acoller a festa acuática a finais de xuño tras a instalación dunha caldeira nova, as instalacións retomaron a súa actividade habitual.

Esta reapertura inclúe tanto o nado libre como os adestramentos solicitados polos diferentes clubs deportivos.

Horarios de apertura da piscina

O recinto manterá as súas portas abertas durante toda a semana cos seguintes horarios:

De luns a venres: polas mañás de 09:15 a 13:00 horas, e polas tardes de 18:00 a 21:45 horas.

Sábados e domingos: polas mañás de 10:00 a 13:00 horas.

Servizo de ximnasio con monitoraxe

O ximnasio da piscina tamén está operativo e contará coa presenza de persoal monitor en quendas específicas de mañá e tarde:

Martes e xoves: de 09:30 a 11:30 horas.

Luns, mércores e venres: de 18:30 a 20:30 horas.

Acceso e bonos

Para acceder ao ximnasio municipal non é obrigatorio anotarse previamente nas escolas deportivas ou da piscina. O Concello pon á disposición da cidadanía diferentes opcións de acceso que se poden adquirir de xeito individual ou a través de bonos por sesións.

Deportes

Publica o teu comentario agora