ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Corporación de Fene conta cunha nova concelleira socialista. Rosa Romero tomou posesión esta mañá da cadeira que deixara baleira na bancada socialista o anterior voceiro deste grupo municipal Joaquín Ayala.

A toma e posesión da concelleira Rosa Romero, que prometeu esta mañá o seu cargo, foi un dos dous asuntos destacados dun pleno extraordinario e urxente do Concello que tamén aprobou definitivamente o Orzamento municipal para este ano. Unha aprobación pola que se felicitou tras o pleno o concelleiro de Facenda, Justo Ardá.
Os Orzamentos municipais para o exercicio 2026 quedaron aprobados definitivamente ao desestimar o pleno desestimou as alegacións presentadas polo Partido Popular. Desde o goberno local sublíñase que o documento económico, cun importe superior aos 15,5 millóns de euros, constitúe unha ferramenta clave para garantir servizos públicos eficaces, reforzar as políticas de benestar social e impulsar investimentos no municipio.
Publica o teu comentario agora