A nova curta de Rubén Coca, en Madrid

A nova curta de Rubén Coca, en Madrid

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Baseada no relatp de Lucía Etxebarría "La fantástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña" e as ilustracións do galego Víctor Coyote. Conta coas colaboración da Xunta de Galicia e dos concellos de Ferrol e Narón. Gustou na sua preestrea no Festival de Cans. Foi seleccionada para o X Festival de cine Animadrid 09 e no Festival Internacional Cortocircuito 09 de Santiago de Compostela.

Unha nena de 5 anos aprende a aceptar de forma natural as diferencias, ao acudir a un colexio no que hai nenos moi diferentes. Cunha linguaxe que mistura diversas técnicas de animación, esta curta propón unha divertida reflexión sobre a tolerancia e o respecto aos demáis.  Falamos da curtametraxe A nena que tiña unha soa orella, dirixida por Alvaro León, producida polo ferrolán Rubén Coca e inspirada nun conto de Lucía Etxebarría. propón unha divertida reflexión sobre a tolerancia e o respeto polos demais.

A curtametraxe dura 13 minutos e non inclue palabras. Stop motion, 3 D e sombras chinescas son algunhas das técnicas de animación utilizadas, segundo explicou en Radiofusión o productor Rubén Coca.  A nena que tiña unha soa orella, proxéctase esta tarde en Madrid. O venres preséntase na Coruña e o sábado no Teatro Xofre de Ferrol. A entrada faise mediante invitacións.  

Sociedade