Nova fase de renovación de servizos na avenida das Pias

Nova fase de renovación de servizos na avenida das Pias

04 de Outubro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene acometerá unha nova fase da renovación de servizos e pavimentos na avenida das Pias. Segundo indicou o alcalde Juventino Trigo, estáse á espera da chegada dunha autorización de ADIF para proceder á licitación da obra.

Tal e como se recolle na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, o Concello de Fene ven de publicar a licitación de novas obras en todas as parroquias do termo municipal. Trátase de:
- Pavimentación en Barallobre e Maniños e alumeado público no entorno da pista polideportiva de Magalofes, por un importe de 42.226,52 €
- Pavimentación da estrada de Laraxe dende Areosa (Limodre), por un importe de 30.035,07 €
-Mellora da drenaxe e reforzo do firme no núcleo de Lubián (Sillobre), por un importe de  59.986,86 €.
- Pavimentación nos camiños da Revolta a Formosende (Fene), rúa Río Cádavo (Perlio), de Castro dende os Loureiros (Barallobre) e Valadoiro e Valado (Sillobre), por un importe de 57.856,56 E
A estas obras hai que engadir a licitación da pavimentación do Camiño do Catalán (Maniños), en fase de adxudicación, por un importe de 80.451,79 €.
Ademais, os servizos municipais están ultimando a licitación da renovación de servizos e pavimentos na Avenida das Pías (Estrada FE-14). Fase 1 (marxe dereita) cun orzamento de 355.140,26 €. 

Sociedade