Nova plataforma audiovisual

Nova plataforma audiovisual
11 de Febreiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

As Emisoras Municipais Galegas formarán parte da primeira plataforma OTT de Europa con contidos producidos dende o local sobre sostibilidade, xustiza social e revitalización do medio rural. Máis de 150 medios locais públicos e comunitarios lanzarán o vindeiro Día Mundial da Radio a plataforma Sonando Local.

Emuga-Radiofusión é unha das catro redes de medios de proximidade do Estado incluída no marco do proxecto Onda ODS que inaugurará o 13 de febreiro a primeira plataforma OTT de contidos audiovisuais producidos dende o local en Europa. Para celebrar este Día Internacional da Radio e logo dun ano de traballo conxunto na implantación da campaña Onda ODS, a Asociación de Emisoras Municipais Galegas, a Asociación de Emisoras Municipais e Comunitarias de Andalucía de Radio e Televisión, a Rede Estatal de Medios Comunitarios e RTV Cardedeu (La Xarxa), lanzarán esta innovadora ferramenta adaptada ao consumo actual dos contidos audiovisuais. O galego será un dos catro idiomas nos que Sonando Local ofrecerá os seus contidos producidos dende os medios de proximidade e destinados a sensibilizar á poboación sobre os restos globais aos que nos temos que enfrontar a longo das vindeiras décadas. Medioambiente, igualdade de xénero, revitalización de medio rural, traballo digno ou a loita contras as desigualdades serán algunhas das temáticas que se amosarán nesta plataforma. Os usuarios poderán visualizar ou escoitar de balde materiais moi familiares a través dos que se favorecerá a consecución dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados na Axenda 2030. Onda ODS é un proxecto coordinado por EMA-RTV no que participan máis de 150 radios e televisións locais financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.



Na imaxe, escolares de Moeche participantes no obradoiro radiofónico de Onda ODS.

Fotografía: Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora