Nova proba automobilística

Nova proba automobilística
15 de Maio, 2026 - 01:14 h. | Publicada por Radio Fene

O automobilismo galego suma unha nova cita no calendario. Scratch Galicia e a Escuadra Scratch Fene, anuncian a apertura do prazo de inscrición para o I Rallymix Concello de Guitiriz.

A proba, prevista para o mes de xuño, nace coa ambición de converterse nun referente e destaca por ser única na provincia de Lugo, destaca a organización. Os equipos interesados xa poden formalizar a súa participación a través da plataforma PODIUM. Desde o luns está aberto o prazo para pilotos do Campionato Galego. O vindeiro luns día 18 comeza o prazo para o resto de pilotos O prazo rematará o luns 15 de xuño ás oito da tarde. O número de participantes limitase a 100 vehículos.  A competición desenvolverase entre os días 19 e 21 de xuño de 2026. O trazado deseñado consta dun percorrido de 9,08 quilómetros de tramo cronometrado que combina superficies de terra e asfalto.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora