Nova senda peonil en Barallobre

Nova senda peonil en Barallobre
28 de Xullo, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Marcha a bo ritmo a construción da senda peonil entre o camiño do Ramo e o Carrill en Barallobre. Na zona habilitarase tamén unha zona de esparcemento. O tramo formará parte da senda costeira que unirá Ribadeo con A Garda ao longo de todo o litoral galego.

 

Senda entre O Carril e O Ramo

A actuación na ribeira do Ramo forma parte dun proxecto que a Sociedade Deportiva Barallobre presentou diante do Concello de Fene. A Corporación acolleu ben a idea e negociou a súa realización con Navantia Fene, propietaria da parcela. O estaleiro asinou un convenio de colaboración co municipio en decembro de 2025 cedendo a utilización da zona por un espazo de catro anos. Noutro orde de cousas, a Sociedade Deportiva Barallobre prepara mañá mércores a tempada 2026-2027. Competirá na Segunda Futgal e tamén en veteranos. Realizará a asemblea anual mañá ás nove da noite no campo de fútbol do Ramo. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora