Nova visita guiada á exposición “Arte e trastornos mentais”

Nova visita guiada á exposición “Arte e trastornos mentais”
11 de Agosto, 2023 - 04:30 h. | Publicada por Radio Fene

Este luns día 14 a partir das 12.00 horas poderá realizarse unha nova visita guiada á exposición “Arte e trastornos mentais” froito do traballo do alumnado do Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity da man da comisaria da mesma, Laura Bouza.

 

A mostra, que a Casa da Cultura de Fene acolle, na súa IV edición, está composta de vintetrés proxectos expositivos, realizados polo alumnado do laboratorio ao longo do curso, que teñen como fío condutor a sensibilización sobre os trastornos mentais. 

A directora do Laboratorio, Laura Bouza, acompañará ás persoas visitantes no percorrido por cada un dos proxectos expositivos, explicando a elección de cada un dos trastornos escollidos en cada un dos proxectos así como as técnicas, o proceso creativo e a dinámica da actividade co alumnado. 

Cultura

Publica o teu comentario agora