Novagalicia Banco traballa nun plan para continuar en solitario

Novagalicia Banco traballa nun plan para continuar en solitario

26 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O proxecto que Novagalicia Banco lle presentará o 11 de xuño ao Banco de España será un proxecto independente, autónomo e galego. Así o reitera o director xeral da entidade, Juan Díaz Arnau, tras saberse que o Goberno podería optar por crear un gran banco público con Bankia, Catalunya Caixa e Novagalicia. A entidade galega contempla a posibilidade de pedir unha nova inxec

Entre a clase política, producíronse diferentes reaccións ante a posibilidade de que se cree ese gran banco público. O presidente da Xunta, por exemplo, cre que sería a solución menos mala para non malvender a entidade. O deputado nacionalista Francisco Jorquera desconfía e asegura que esta proposta de banca pública é en realidade unha trampa. O secretario xeral do PSdeG quere estudala proposta e asegura que esta deixa claro que Novagalicia Banco é unha entidade nacionalizada. Pola súa banda, o PP defende o proxecto de Novagalicia e pide para a entidade galega o mesmo trato que para Bankia.

Sociedade