As novas ferramentas multimedia póñense ao servizo dos alumnos de inglés

As novas ferramentas multimedia póñense ao servizo dos alumnos de inglés

16 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, realizou esta mañá unha visita ao Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Raíña Fabiola de Santiago de Compostela, onde desenrolou un programa de anticipación do inglés desde os 3 anos e o funcionamento dunha serie de recursos didácticos multimedia para a aprendizaxe e ensinanza desta lingua.

O LoloKarolo consiste nunha ferramenta de escoita multilingüe baseada na creación de karaokes. Así, este material didáctico permite construír frases en inglés de forma sinxela, que ademais quedan gardadas na súa biblioteca para que calquera poida escoitalas e traballar con elas. O dicionario de inglés interactivo, de carácter visual, ofrece ao alumno a oportunidade de aprender palabras e frases no seu contexto, coa axuda de arquivos de audio para practicar a súa pronuncia. Esta ferramenta contén paneis que representan situacións cotiás e que posibilitan ao alumnado a exploración do vocabulario relacionado co espazo representado. Ademáis, inclúe unha serie de xogos que permiten aos estudantes aprender inglés dun xeito lúdico e atractivo, a través das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

Sociedade